Logo duns anos de benestar, aos nenos e nenas educóuselles na abundancia dunha sociedade de consumo sen medida que propiciou a perda dos verdadeiros valores e do descoñecemento de que non todos e todas somos tan privilexiados.

Consideramos que é de suma importancia concienciar aos nosos nenos e nenas da situación que viven os máis desfavorecidos noutros países. É necesario que comprendan que son moi afortunados por todo o que posúen, pois pese a todas as dificultades que atravesa España, eles teñen un teito, comida, médico, escola. En definitiva, as súas necesidades básicas están cubertas, pero hai lugares onde non se ten acceso á educación, ao médico, ao auga e moitas veces nin sequera á comida.

É, xa que logo, de suma importancia explicarlles (para evitar brótelos de xenofobia que están xurdindo coa crise) por qué o emigrante colle unha patera arriscando a súa vida ou qué é o fame  e a desesperanza nun país que non ofrece nada posto que carece de todo recurso. Levamos xa cinco anos realizando sensibilización en colexios e os resultados xa son palpables nos nenos que che preguntan por Satu, Bambe, Philip, Jibil, Mamadu, conseguimos o primeiro reto, xa son algo da súa vida?xa non son eses nenos de África, teñen un nome e eles son os seus amigos pois formaron parte do seu CAMBIO.

 

Obxectivo Xeneral

 

O noso principal obxectivo é conseguir que os alumnos dos colexios establezan un vínculo emocional cos nenos de Dembanje (unha aldea do interior de Guinea Bissau) e que entre eles xurda unha amizade.

 

Obxectivos Específicos

 

– Achegar a realidade dos nenos africanos aos escolares, sensibilizándoos das carencias existentes noutros países.

– Traballar a reflexión e o diálogo para atopar solucións que estean ao alcance da súa man e así poder cambiar a realidade dos nenos da mencionada aldea.

– Inculcarles unha actitude de loita e empeño, non dándose por vencidos ante un gran reto. Por moi insignificante que vexan a súa axuda, entre todos teñen o poder de transformar a vida de moitos nenos. Moitos granitos fan unha montaña.

– Transmitirlles o importante que é o comercio xusto e as condicións dignas do traballo. A inxustiza leva á pobreza e eles teñen o poder de cambiar ese factor.

– Evitar a xenofobia nestes momentos tan delicados para a poboación española, onde ás veces téndese a culpar ao emigrante da nosa desafortunada situación, facéndolles ver cales son as súas dificultades e o verdadeiro motivo que lles impulsa a vir en patera.

Beneficiarios

Escolares de calquera colexio pertencente ao Concello da Coruña e Lugo. Os cursos cos que se traballa son cuarto, quinto e sexto de Primaria. Cada charla será adaptada á idade dos alumnos.Tamén se traballa en institutos.

Metodoloxía de traballo

 

As charlas acompáñanse dun pequeno vídeo que describe como vive un grupo de nenos e nenas en África. Intentamos, deste xeito, que os nosos nenos e nenas establezan un vínculo empático cos dunha aldea de Guinea Bissau. En ocasións contamos cun voluntario senegalés que lles explica como era a súa vida en Senegal e como se veu a España en patera.

Ao mostrarlles as condicións de vida dos nenos de Guinea Bissau, empezarán a cuestionarse como lles poden axudar e xuntos marcaremos un pequeno obxectivo que sexan capaces de alcanzar.

Existen diferentes propostas: confeccionar pulseras e abalorios para posteriormente vendelas, realizar un mercadillo cos seus xoguetes usados, traer libros, CDs, xogos que xa non se utilizan, realizar un vídeo clip e proxectar o cunha donación dun euro. Estas son varías das iniciativas que xa se levaron a cabo nalgún colexio.
O obxectivo do ano 2013 foi a construción dunha escola nova, a súa escola atópase en lamentables condicións, é pequena, non ten luz e os nenos non conseguen aprender nin o máis mínimo (ler e escribir). Tamén se recolleu material escolar e levouse a Dembandje para a nova escola. Esta escola está construída e tamén se construíu un pozo, un comedor escolar e un jemberé.

O obxectivo do ano 2014 foi a construción dunha guardería en Varela para 200 nenos e nenas que non ían á escola.O obxectivo para o ano 2015  foi a construción dunha  escola  en  Kakayo.

No ano 2017 se constríu  a escola de Katong

Nalgúns centros escolares, tralas charlas, os alumnos escribíronlles aos nenos e nenas da aldea de África. Á súa vez, os nenos e nenas de Guinea enviáronlles as súas propias cartas. Con elas, os alumnos españois, guiados polos seus respectivos profesores, traballaron nas súas clases, e constituíron un gran incentivo, para establecer a amizade e a solidariedade como compoñentes educativos fundamentais.

 

ACTIVIDADES REALIZADAS E COLEXIOS VISITADOS

 

Realizáronse diferentes conferencias en colexios da Coruña, Lugo, Logroño,Madrid.

O interese que espertou nos escolares poder axudar aos nenos de Guinea materializouse en facer varias actividades diferentes segundo o centro.

 

Fixéronse mercadillos de juguetes.

Carreira Solidaria.

Venda de artigos confeccionados polos nenos e nenas.

Torneo de fútbol.

 

Os colexios que nos anos 2011-2012-2013-2014-2015-2016-2017 participaron nestas actividades foron:

 

  1. Ceip Wensceslao
  2. Ceip Ramón da Sagra
  3. Ceip María Barbeito
  4. Ceip Fernández a Torre
  5. Ceip San Francisco Javier
  6. IES Rafael Puga Ramón.
  7. I.E.S. Poeta Añon en Sierra de Outes
  8. I.E.S. Santa Cruz de Castañeda en Cantábrica
  9. Ceip Raquel Camacho .
  10. I.E.S.Monelos
  11. Ceip Alborada
  12. Ceip Sagrado Corazón de Lugo.
  13. Ceip Quiroga Ballesteros.
  14. Ceip Quiroga(Lugo)
  15. Ceip Laxe.
  16. I.E.S. Miraflores (Oleiros)
  17. I.E.S. Rafael Dieste.

 

METAS CONSEGUIDAS

 

No ano 2012 a recaudación dos mercadillos dos colexios foi coa finalidade de construír pozos de auga.

No ano 2013 a recaudación de todos os colexios destinouse á construción dunha escola nova con tres aulas en Dembanje.

No ano 2014 o obxectivo foi construír un XARDÍN DE INFANCIA en VARELA.
No ano 2015 o noso obxectivo é rehabilitar a escola de Kakayo.

 

 

 

ACTIVIDADES REALIZADAS E COLEXIOS VISITADOS

 

Realizáronse diferentes conferencias en colexios da Coruña, Lugo, Logroño.

O interese que espertou nos escolares poder axudar aos nenos de Guinea materializouse en facer varias actividades diferentes segundo o centro.

 

Fixéronse mercadillos de juguetes.

Carreira Solidaria.

Venda de artigos confeccionados polos nenos e nenas.

Torneo de fútbol.

 

Os colexios que nos anos 2011-2012-2013-2014-2015 participaron nestas actividades foron:

 

  1. Ceip Wensceslao
  2. Ceip Ramón da Sagra
  3. Ceip María Barbeito
  4. Ceip Fernández a Torre
  5. Ceip San Francisco Javier
  6. IES Rafael Puga Ramón.
  7. I.E.S. Poeta Añon en Sierra de Outes
  8. I.E.S. Santa Cruz de Castañeda en Cantábrica
  9. Ceip Raquel Camacho .
  10. I.E.S.Monelos
  11. Ceip Alborada
  12. Ceip Sagrado Corazón de Lugo.
  13. Ceip Quiroga Ballesteros.

 

METAS CONSEGUIDAS

 

No ano 2012 a recaudación dos mercadillos dos colexios foi coa finalidade de construír pozos de auga.

No ano 2013 a recaudación de todos os colexios destinouse á construción dunha escola nova con tres aulas en Dembanje.

No ano 2014 o obxectivo foi construír un XARDÍN DE INFANCIA en VARELA.
No ano 2015 o  obxectivo foi  rehabilitar a escola de Kakayo.

No ano 2016 o obxectivo foi mercar  lampádas solares.

No año 2017 o obxectivo foi construir a escola de katong.

 

 

 


IMG_9399GRACIAS AL COLEGIO RAMON DE LA SAGRA POR HACER ESTE SUEÑO REALIDAD

 

 

 

ESCUELA DEMBANJEEscuela DembanjeLas profes nos enseñan a tener un poco de orden para entrar en la escuela.

 

 

Para o ano  2017 o obxectivo é  construir a escola de Katong.

[/learn_more]

 

[nggallery id=7]

La vida de un niño en Guinea Bissau

[youtube]http://youtu.be/YpGahLYt8p8[/youtube]

Vídeo Proyecto en aulas (Guinea Bissau)

[youtube width=”320″ height=”240″]http://youtu.be/dy-Tseb75xo[/youtube]

Necesitamos una escuela ¿ nos ayudáis a construirla?

[youtube width=”320″ height=”240″]http://www.youtube.com/watch?v=LcLhGqA2Mfk&feature=share&list=UUvfqDJANqStWxciATkVto6A[/youtube]